Acordos da Asemblea Xeral 

III ASEMBLEA XERAL VIA
ALFOZ 2022

Entre os puntos tratados na III Asemblea Xeral de Via Alfoz queremos recoller os seguintes acordos:

1. Quedou ratificada a Dirección Executiva de Via Alfoz, formada polos seguintes membros:

  • Presidenta: Efigenia Maseda Paz
  • Vicepresidente: Francisco José Fernández Fraga
  • Secretario: Jordi Melián Pagés
  • Vicesecretario e Voceiro: Xabier Pardiñas Suárez
  • Tesoureiro e Vogal de Economía: Pablo José Maseda Rubal
  • Vogal de Acción Social: Carmen Dolores Geada Maseda
  • Vogal de Participación: María Fernanda Casabella Méndez
  • Vogal de Coñecemento: Eliseo Lorenzo García
  • Vogal de Territorio: José Luís Cascudo Cascudo
  • Vogal de Innovación: Daniel Pérez Pardiñas

2. Xabier Pardiñas Suárez foi elixido candidato de Via Alfoz á alcaldía nas próximas Eleccións Municipas de 2023.

3. No Pleno de Constitución da Corporación, despois das eleccións municipais, Via Alfoz apoiará unicamente ao seu candidato. Así, Via Alfoz estará alí onde o coloquen os votantes, no goberno ou na oposición, pero non apoiará a un candidato doutro partido.

Declaracións 

Declaracións de Xabier Pardiñas, voceiro de Via Alfoz:

A Asemblea Xeral de Via Alfoz, elixiu por unanimidade a Xabier Pardiñas Suárez como candidato á alcaldía para as vindeiras Eleccións Municipais de 2023.

< Aquí vos deixamos un anaco da súa intervención.

 

Declaracións da Presidenta de Via Alfoz, Efigenia Maseda Paz:

"Desde VIA Alfoz levamos traballando a prol do Concello a pesar duns resultados electorais non agardados no ano 2019 pero tomando como lema o refrán “ o que non te mata faite máis forte” seguimos cara adiante poñéndonos como meta maio de 2023 e marcando un calendario de traballo firme e riguroso para non permitir que Alfoz desapareza do mapa, feito que leva cara de acontecer se segue coa mesma parálise."

"A idea de que “o peor xa pasou e o mellor está por vir” fai que nos manteñamos nos valores e principios do noso comezo no ano 2015".


Declaracións de Eliseo Lorenzo García, sobre o traballo do Grupo Municipal de Via Alfoz:

"O goberno debería escoitar e responder as preguntas que nos trasladan os veciños e veciñas de Alfoz, a pesar de que, en algúns casos, se pretendera cribar as nosas preguntas, ou simplemente non se responderan baixo a afirmación do alcalde de que "aquí mando eu", quitándonos a palabra ou impedindo abrir debate nos Plenos."

"Estamos ante unha maioría absoluta onde o goberno toma as decisións de forma unilateral, sen respectar iniciativas que deberían ser consensuadas."

"Non é doada a tarefa que nos encomendaron os veciños pero en Via non desistimos. Imos seguir traballando, facendo unha oposición construtiva, realizando propostas e levando as preguntas que nos trasladades os veciños e veciñas de Alfoz. Un traballo que facemos por nós e, sobre todo, por vós." 

O vindeiro domingo 13 de novembro de 2022 ás 12:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 12:30 horas, en segunda, celebrarase a III Asemblea Xeral de VIA Alfoz. O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz.

Tras a Asemblea Xeral celebrarase unha comida de irmandade á que poderán asistir todos os afiliados, tanto militantes como simpatizantes, así como os acompañantes que o desexen, sexan afiliados ou non. A comida está programada para as 15:00 horas. O lugar de celebración da comida será confirmado a semana anterior á celebración da Asemblea Xeral. Os interesados deberán comunicalo a calquera membro da actual Dirección Executiva ou no correo vialfoz@gmail.com.

Se eres afiliado/a e queres que algún asunto do teu interese se eleve ante a Asemblea Xeral antes podes enviarnos un correo a vialfoz@gmail.com, para ser incuído na orde do día. Ademais, os afiliados/as que o desexen ou non podan asistir presencialmente poden enviarnos os seus rogos e preguntas para que sexan tratados na propia Asemblea.

Para poder votar na Asemblea será necesario estar ao corrente de pago da cota de militante. Os simpatizantes que desexen participar e votar nas discusións da Asemblea Xeral deben primeiro afiliarse ao partido como militantes.

Antes da Asemblea Xeral abrirase unha mesa de captación de afiliados que estará instalada no mesmo Centro Sociocultural de 11:00 a 12:00 horas.

VIA ALFOZ  - A Seara, 21 Baixo - 27775 Alfoz (Lugo) | E-mail: vialfoz@gmail.com

© Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados. Deseño web grieih