Temas

VIA ALFOZ PROPÓN A BAIXADA DOS TIPOS DO IBI TRAS A SUBIDA DO CATASTRO

01/02/2020 · Plenos

A REGULARIZACIÓN E REVISIÓN CATASTRAL REALIZADA NO ÚLTIMOS ANOS EN ALFOZ
DEU LUGAR A IMPORTANTES SUBIDAS NOS RECIBOS DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES


No pleno do Concello de Alfoz celebrado este venres día 31 de xaneiro, VIA Alfoz propuxo que
se estude a modificación da ordenanza reguladora do IBI coa intención de reducir o recibo da contribución
coa baixada dos o tipos impositivos, “dentro dos tipos de gravámenes mínimos establecido legalmente”
indican desde VIA. Nos últimos anos, o chamado “catastrazo” consistente nunha regularización e revisión
catastral e principalmente na subida dos valores dos bens “deu lugar a importantes subidas nos recibos
dos nosos veciños”. Con esta subida e o cobro dos atrasos a recadación das arcas municipais aumentou
considerablemente o que permitiu, en gran medida, amortizar a débeda municipal do concello de Alfoz.
Desde VIA indican que “é de xustiza que, se os veciños, a través do aumento dos seus impostos, axudaron
a pagar a débeda municipal, agora debemos compensalos reducíndolle na medida do posible os seus
recibos do IBI”.


OS PRÓXIMOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS INCLUIRÁN UNHA PARTIDA PARA A
ADQUISICIÓN DUN DESFIBRILADOR PORTATIL SEGUNDO PROPOSTA DE VIA ALFOZ


Despois da proposta feita por VIA Alfoz á Alcaldía, o Concello de Alfoz procederá a adquisición
dun desfibrilador portátil para o que se incluirá unha partida nos próximos orzamentos municipais.
“Utilizar un desfibrilador pode ser determinante para salvar una vida” indican desde VIA, polo que
agradecen que o goberno municipal acollese a súa proposta. No Pleno indicouse que a adquisición irá
acompañada dunha formación guiada por persoal experto, para persoal responsable de espazos públicos
locais.


O PSOE VOLVE A VOTAR EN CONTRA DE RECLAMARLLE Á DEPUTACIÓN A EXECUCIÓN DE
MELLORAS EN DIFERENTES VÍAS DE TITURARIDADE PROVINCIAL


Como xa ocorrera no pleno do pasado mes de setembro de 2019, onde o grupo municipal do
Psoe de Alfoz votara en contra dunha moción presentada por VIA Alfoz, relativa ao arranxo de diferentes
puntos negros da rede de vías provinciais, “principalmente as pontes de Centoi, Bao, Xordelo e Pías”, no
pleno de onte volveu a repetirse o sentido do voto ante unha moción do grupo municipal Popular. A
moción, na mesma liña da presentada por VIA, solicitaba á Deputación Provincial de Lugo melloras en
diferentes estradas da súa titularidade. O Psoe votou en contra desta reclamación, VIA e PP votaron a
favor.

2020-01-02 Nota de prensa Pleno VIA.pdf

Descargar

¡Compártelo!

Buscamos unha boa comunicación

Se queredes contribuir con algún contido novo, ampliar os que hai ou obter máis información sobre algunha publicación, non dubidedes en contactar con nós.