Somos a túa elección
VIA Alfoz

A filosofía

Veciños Independentes de Alfoz nace como unha organización política formada por persoas independentes con vocación de servizo ao seu pobo, convencidas de que Alfoz necesita ideas e non ideoloxías e de que se deben unicamente á súa veciñanza, sen ordes de partidos de ámbito superior.

Veciños Independentes de Alfoz pretende ser un referente no goberno do concello, promovendo a participación activa da veciñanza de Alfoz na vida pública municipal e considerando que a creación desta organización permitirá que as xentes de Alfoz teñan unha alternativa na que confiar.

Estes dous pilares fundamentais forman o preámbulo dos estatutos do partido.

Aparte disto, demostramos que se pode facer política de outra maneira: colaborando e non competindo, falando con todos para ter cordialidade e unanimidade e facendo campañas limpas sen desprestixiar aos demais.

A historia

No mes de febreiro de 2015 un grupo heteroxéneo de veciños e veciñas de Alfoz empezamos a reunirnos coa intención de formar unha agrupación de electores para concorrer ás eleccións municipais do 24 de maio dese mesmo ano.

Esta iniciativa xurdiu como resposta a unha situación bastante inmobilista no concello que xa se viña prolongando dende demasiado tempo e que, baixo o noso punto de vista, dificultaba o desenvolvemento de políticas locais alternativas e o progreso dos servizos á veciñanza.

Aquela agrupación de electores deciciu denominarse VIA, que son as siglas de Veciños Independentes de Alfoz.

Dende os comenzos desta agrupación, o obxectivo máis claro que temos é que traballamos únicamente pola veciñanza de Alfoz. Así o fixemos sempre e seguiremos, traballando o mellor que sabemos, con honestidade e sen pensar en sacar ningún beneficio persoal, agás a satisfación de ter a conciencia tranquila.

O segundo obxectivo era propiciar un cambio no concello, non só de caras senón da forma de funcionar. Cos resultados das primeiras eleccións naque participamos, as do 2015, fixemos posible que houbese un cambio de goberno, tal como prometimos. Para iso renunciamos a unha oferta do goberno anterior que nos otorgaba a alcaldía, facendo honra á nosa palabra e tamén á honestidade de non buscar beneficios persoais.

Fixemos un acordo de goberno co PSOE, no que se acordaba entre outras cousas levar a cabo os puntos comúns dos programas de ambas candidaturas. Nós cumprimos a nosa parte.

No 2019 xa nos presentamos ás eleccións municipais erixidos como partido político, onde obtivemos un resultado semellante ás anteriores, pois a mesma porcentaxe de votos foron parar á nosa formación. Sen embargo, o balance de votos entres as forzas restantes outorgaron a maioría absoluta ao PSOE, que esta vez xa non tivo necesidade de contar co apoio de VIA Alfoz para formar goberno.

Estas circunstancias situannos actualmente na oposición dun goberno con maioría absoluta, co cal a nosa influencia nas decisións do goberno é nula. Máis isto non é un impedimento para que sigamos traballando con aínda máis forza e determinación na tarefa de levar a cabo o noso programa de goberno, que podedes consultar aquí.

Os compoñentes

Actualmente o partido consta de 28 afiliados, que conforman a Asamblea Xeral.

Desta Asamblea Xeral sairon escolleitos 10 representantes que forman a Dirección Executiva. coa seguinte disposición:

  • Presidenta: Efigenia Maseda Paz
  • Vicepresidente: Francisco Fernández Fraga
  • Secretario: Jordi Melián Pagés
  • Vicesecretario: Xabier Pardiñas Suárez
  • Tesoureiro: Pablo José Maseda Rubal

Vocais:

  • Carmen Geada Maseda
  • Eliseo Lorenzo García
  • Mª Fernanda Casabella Méndez
  • José Luís Cascudo Cascudo
  • Daniel Pérez Pardiñas

A Dirección Executiva goberna, xestiona, administra e representa ó partido ante os afiliados e ante terceros, de acordo cos criterios e directrices emanados da Asamblea Xeral.

Da Asamblea Xeral tamén foron escolleitos os 15 membros que conformaron a lista da candidatura electoral, os cales xa puidestes coñecer no seu momento:

  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo
  • VIA Alfoz, equipo