Temas

ALFOZ ABRE A PISCINA MUNICIPAL MENTRES PROHÍBE ACCEDER AOS PARQUES PÚBLICOS

18/07/2020 · Covid-19

DESDE VIA ALFOZ NON ENTENDEN POR QUÉ O GOBERNO MUNICIPAL MATEN PECHADOS OS PARQUES PÚBLICOS DESDE O PASADO VENRES 10 E POLA CONTRA DECIDE A APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL, ANUNCIADA PARA O LUNS 20 DE XULLO.

  

O pasado venres 10 de xullo os parques públicos e áreas recreativas de Alfoz apareceron pechados, unha medida que, desde VIA Alfoz, consideran “cando menos singular tendo en conta que estas áreas permaneceron abertas, e sen ningunha indicación de límite de aforo, durante o período de limitación de mobilidade iniciado o día 5, e que precisamente rematou o día en que se produce o peche”, ademais recordan que esta medida se realizou sen ningún tipo de anuncio previo.

 

Desde VIA Alfoz valoran que se debería permitir o acceso a áreas ao aire libre como os parques públicos, indicando as limitacións de aforo nas zonas de xogo, e manténdoas en condicións adecuadas para o seu uso pois, segundo indican, “sáelles mellor mantelos pechados no canto de limpalos”, en alusión á habitual falta de mantemento dos diferentes espazos públicos.

 

Mención especial ten o Parque Alcalde José Palmeiro, próximo as vivendas sociais e á vivenda comunitaria. Con respecto a esta última, desde VIA queren facerse eco  da descontento dos usuarios pois “é normal que non entendan como o parque segue pechado e nin sequera podan pasear por este espazo ou sentarse á sombra”, situación que se suma ao estado de abandono no que frecuentemente se atopa o parque, “por non falar das beirarrúas e incluso as inmediacións da propia Casa do Concello”.

 

Pola contra, desde o Concello de Alfoz, ven de anunciarse que o vindeiro luns 20 de xullo abrirá a piscina municipal, en contra das medidas tomadas por outros concellos. Desde VIA Alfoz recordan que foron críticos con este tema no pleno de aprobación dos Orzamentos, onde se consignaron partidas para diferentes obras na piscina municipal e para a súa posta en servizo “mentres non se aprobou ningunha axuda para o noso tecido empresarial para paliar os efectos do Covid-19”. Ademais, indican que outros concellos foron mais cautos e decidiron non abrir este verán, e incluso aproveitaron este ano para facer obras de mantemento, “aquí facemos ao contrario, a día de hoxe non nos consta que se fixesen as obras presupostadas e sen embargo decídese abrir”.

 

Ademais recordan que, para abrir, teranse que tomar medidas especiais que suporán un custe adicional, e insisten que “desde VIA non nos imos opoñer á apertura da piscina municipal sempre que se cumpran as condicións sanitarias e as instalacións estean en condicións adecuadas, pero non entendemos como se abre este espazo e non se permite o acceso aos parques. Tampouco entendemos como se gastan os cartos dos nosos veciños nunha instalación que estará aberta a todo o mundo, sexa ou non veciño de Alfoz, que polas condicións especiais de aforo solo beneficiará a uns poucos, e pola contra non se tomen outras medidas respecto ao Covid-19, como  axudas ás nosas empresas ou reparto de máscaras, entre outras” tal e como reclamou VIA Alfoz no pleno de Orzamentos.

 

Desde VIA Alfoz suxírenlle ao goberno municipal que se fixe mais nas medidas que toman os concellos veciños e que acceda a aprobar as propostas que VIA Alfoz lle formula desde a oposición en cada Pleno. “Critican que non facemos propostas, algo totalmente falso, o que pasa é que cada unha das propostas que facemos son reprobadas polo PSOE, o que evidencia a intransixencia do actual goberno municipal”.

 

¡Compártelo!

Buscamos unha boa comunicación

Se queredes contribuir con algún contido novo, ampliar os que hai ou obter máis información sobre algunha publicación, non dubidedes en contactar con nós.